miércoles, 9 de diciembre de 2009

Reggae dos mariñeiros

Está o campo sombrío
na mañanciña
co traballo facemos
a luz do día
co traballo traemos
a luz do día.

Baixo esta noite
está o mar baleiro
coa suor o enchemos
os mariñeiros
coa suor o enchemos
os mariñeiros.

Teño as redes cheas
e as mans vacías
as redes son do seu dono
e as mans son miñas
as redes son do seu dono
mais as mans son miñas.

Cando será a terra
para os seus fillos
súas a barca e as redes
e o mar seu amigo
súas a barca e as redes
e o mar seu amigo.

[ L A M A T U M B Á ]

No hay comentarios.: