Estou sentado
no porto da bahía
Que non sei por que aquí chamamos ría
E os meus pes colgantes
Como un belo sol
Eu penso en que Vigo está enfronte a Nova York
Podo pensar que o atlántico é unha piscina
Un naufraxio inmenso para nadar sen pensar
Aparecer mollado na Quinta Avenida
Ou nadar perdido aprendendo a naufragar
E naufragar no Atlántico
E naufragar aprendendo a nadar
E naufragar no Atlántico
E naufragar, volverse Moby Dick
Tanto en Vigo como en Nova York
Sentados fronte ao Atlántico vivindo no revés
No revés das horas
No mundo do revés
Están os que esperan a venganza da marea
E naufragar no Atlántico
E naufragar aprendendo a nadar
E naufragar no Atlántico
E naufragar, volverse Moby Dick
Imaxínate ti
A balea asesina
A venganza pendente no Atlántico-piscina
Imaxínate ti
Nadando sen pensar
Entre Vigo e Nova York aprender a naufragar
Os semáforos en Nova York
Non falan en colores
pero mandan a andar
andar, non andar
esa é a cuestión
vivir confuso entre "walk" e "don't walk"
Eu xa estiven en Nova York
Afilando sabroso
No boca chica
Con hispanos e galegos
Hebro del Pérez
E a verdade é que Lou Reed non exaxeraba
E naufragar no Atlántico
E naufragar aprendendo a nadar
E naufragar no Atlántico
E naufragar, volverse Moby Dick

No hay comentarios.:
Publicar un comentario